luns, 10 de outubro de 2011
CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO:
Este martes, 11 de outubro, a CONFAPA, da cal somos socios, invitanos a todolos pais e nais e membros da comunidade educativa, a facer unha concentración as portas do noso Centro, para manifestar o apoio ao ENSINO PÚBLICO; que será ao comenzo das clases, das 9:15 ata as 9:30, no cal faremos conta do comunicado da CONFAPA.
MANIFESTO EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO:
1.-A nosa razón de ser é a defensa dunha Escola Pública de calidade que garanta a igualdade de oportunidades das nosas fillas e fillos na Sociedade.
2.-Demandamos á Consellería de Educación a defensa ante o goberno da Xunta de Galicia da mellora continua dos investimentos no Ensino Público.
3.-Denunciaremos a supresión de calquera profesor que poña en risco a atención á diversidade do alumnado con necesidades educativas especiais (Ao, PT), así como de calquera outro necesarios para o correcto desenvolvemento das actividades educativas nos Centros.
4.-Os pais e profesores deben percorrer xuntos o camiño de prestigiar o labor do profesorado e reclamar unha Escola Pública cada vez de máis calidade. Por isto entendemos que as reivindicacións dos profesionais do ensino deben presentarse ante a Consellería de Educación e nunca antepóndoas aos dereitos dos alumnos.
5.-O noso total desacordo coas medidas anunciadas por numerosos claustros de profesores de suprimir as actividades complementarias (saídas culturais, organización de actos, festas, etc.), que tamén afectan á calidade do ensino público e que repercuten, ademais, na participación das familias nesas actividades e, por tanto, na vida escolar do centro.
Atetamente, a ANPA do CEIP A torre Illa.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario