Protégelos también en el mundo virtual
¿Qué podemos hacer?
El estado general de la educación en España (En Días Como Hoy)
PRESENTACIÓN DA ACTUAL XUNTA DIRECTIVA.
INFORME ACTUALIDADE DO CENTRO.
REUNIÓN CO CLAUSTRO DE PROFESORES.
Propostas da ANPA
Valoración das novidades deste ano:
Dia de portas abertas. Moi positiva
Axenda: Pendente de entregar e con gran interese por parte dos pais.
Festas do Colexio: Solicitamos máis participación dos pais, “magosto, samaín, Nadal, entroido e fin de curso”. Propostas a facer.
Procurar incluír nas actividades complementarias os Colectivos Municipais e do entorno (sector mariñeiro, asociacións, ...)
Como apoio as materias transversais (ecoloxismo, cultura do mar, civismo, fomento de grupos de traballo, asociacionismo, cooperativismo).
Proposta de un chándal para os alumnos.
INFORMACIÓN DO CLAUSTRO:
As axendas chegarán (perdeunas a empresa de transporte), o centro pretende facer cambios nas axendas para que se lle axusten mellor as necesidades.
Isabel, profesora de educación infantil, manifesta que non ten nada que ver co cambio dos nenos de aulas en educación infantil; reiterando que ela non se negou rotundamente a abandonar a súa clase. Os motivos foron pedagóxicos e non persoais.
Estanse a facer cambios na ludoteca, pois non se adapta o mobiliario as necesidades da aula, están solicitados e pendentes de entrega, pedíndonos un pouco de paciencia.
Solicitan que aqueles pais que cambiaron de teléfono o fagan saber no centro
Transporte Escolar. Infórmanos de que as coidadoras do autobús, pasaron de depender da Xunta a unha empresa privada; polo que en cumprimento da normativa vixente, na parada dos buses os nenos teñen que ter alguén a recoller, do contrario non poden deixalos baixar
Informar a os nenos maiores que non abandonen o recinto, polo que non lles fagamos aos rapaces recados que faga que isto ocorra.
Renovación da entrada co Colexio.
Reformas na instalacións de Educación Infantil: O Cepes xa está aquí, a pintura xa está en vías de conseguila e pretendese facer unha tapa para o areeiro a fin de evitar que os gatos fagan alí as súas necesidades.
OBXECTIVOS ACADADOS E PARTICIPACIÓN DOS PAIS NA EDUCACIÓN.
Festas do Colexio: Solicitamos máis participación dos pais, “magosto, samaín, Nadal, entroido e fin de curso”. Propostas a facer.
Procurar incluír nas actividades complementarias os Colectivos Municipais e do entorno (sector mariñeiro, asociacións, ...).
Plataforma pola Gratuidade dos libros de texto.
COTA DA ANPA E SEGURO ESCOLAR.
Quedase a espera do contrato coa Aseguradora i estimase en unha suba de 2 a 3 € na cota da ANPA
ROGOS E PREGUNTAS.
A quen hai que avisar e si se pode, si un neno por circunstancias familiares ten que empregar o transporte de outro autobús?.
Segue a estar roto un cristal na escaleira de incendios do colexio.