martes, 29 de novembro de 2011

¿Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego?

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra elaboramos un tríptico sobre a situación do galego, dirixido especialmente aos pais e nais e aos educadores/as. Pedímosvos que, se vos parece ben, nos axudedes a difundilo.

luns, 28 de novembro de 2011

Padres y alumnos de A Illa acuden a Compostela en una visita reivindicativa

Aunque en las últimas semanas había aminorado la intensidad de sus protestas, los padres de alumnos del instituto de A Illa de Arousa no han olvidado las reclamaciones que tienen pendientes con la Consellería de Educación. Desde principio de curso demandan al departamento autonómico que dote al centro de un profesor más a media jornada y que autorice la creación de un tercer segundo en lugar de los dos actuales, dos exigencias que ayer volvieron a sacar a la calle. Efectivamente, padres y alumnos del IES de A Illa dedicaron la mañana del domingo a participar en una visita reivindicativa a Santiago de Compostela. A las nueve y media de la mañana se disponían a partir de la casa del mar a bordo de tres autobuses y decenas de coches particulares con destino a la capital gallega. Una vez allí, visitaron el Parlamento, el «organismo que debería lexislar para que os nosos nenos non sufriran recortes na educación», en palabras del portavoz de los padres, Ramón Dios. Tras una foto de familia en el edificio de O Hórreo, la expedición se encaminó hacia la catedral, donde jóvenes y mayores participaron en un recorrido didáctico y tuvieron ocasión de ver el funcionamiento del botafumeiro. Fue, tal como destacó Ramón Dios, una protesta cívica sin incidentes ni cortes de tráfico. Pero, pese a ello, la congregación de isleños, ataviados además con unas llamativas camisetas, no pasó desapercibida en la ciudad del Apóstol. «Chamabamos moito a atención e a xente preguntaba que pasaba e nós explicabámosllo». Una vez finalizada esta singular protesta, chicos, padres y abuelos se reunieron de nuevo en la Alameda para emprender el regreso a A Illa. Después del «éxito rotundo» con el que los padres calificaron la reivindicación de ayer, a lo largo de esta semana decidirán sus futuras actuaciones. Según avanzaba ayer Ramón Dios, en los próximos días se celebrará una asamblea en la que se acordará si se continúa o no con las protestas y, en caso afirmativo, de qué manera se hará. Imaginación también en la web Hay que recordar que el acto de ayer no fue la primera movilización peculiar que organizan los padres de A Illa para reclamar mejoras a Educación. Si el año pasado -pues las demandas se arrastran ya desde entonces- fueron los padres quienes volvieron a las aulas en lugar de sus hijos durante unos días, este curso organizaron, entre otras cosas, la escenificación de un entierro de la educación pública, empapelaron el instituto con pancartas reivindicativas e hicieron una cadena humana a lo largo del puente que da acceso a A Illa. Los padres ultiman ahora la creación de una página web que quieren convertir en una plataforma para sus reivindicaciones, pero que nacerá también con el empeño de resultar útil a todo aquel que la visite.

xoves, 24 de novembro de 2011

Concentración apoiando o ensino público

Estimadas familias, A educación pública é de todos/as e para todos/as, e é a única que pode garantir a igualdade de oportunidades das nosas fillas e fillos na sociedade. A FANPA e máis as ANPA acordamos facer o día 26 de novembro ás 13.30 h na praza da Peregrina unha concentración apoiando o ensino público en contra dos recortes actuais. A concentración durará aproximadamente 30 minutos, e rematará coa lectura do manifesto envíado aos medios de comunicación. É importante a presenza de todas as familias. Sen dúbida a unión fai a forza. Non todos os colexios presentan os mesmos problemas pero en xeral hai motivos máis que suficientes para ver que o ensino público tal e como viña sendo sufriu unha merma. Non podemos quedar de brazos cruzados. Adiantémonos para evitar novos recortes. Invitade á vosa familia a participar coas ANPA nesta primeira concentración xeral de pais e nais. Todos somos responsables do que acontece ou pode acontecer. A educación dos nosos fillos e fillas é responsabilidade dos pais/nais, non só dos mestres/as. Nós defendemos unha educación en valores, integradora, onde todos e todas temos os mesmos dereitos sen ter en conta a clase social, nin os recursos.

luns, 14 de novembro de 2011

POLA PERMANENCIA DE PREESCOLAR NA CASA

A Mesa Galega de Educación no Rural, integrada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega (NEG), Coordinadora Galega de CRAs, Preescolar na Casa e CIG Ensino, CCOO, CSI-F, STEG, UGT, denuncia o brutal recorte por parte da Administración Autonómica a Preescolar na Casa, poñendo en perigo a continuidade das actuacións educativas en beneficio de nenos e nenas do medio rural e colectivos desfavorecidos.

Dada a dispersión poboacional característica no rural do noso País consideramos que Preescolar na Casa está a cumprir unha función que ata o de agora a Administración non se formulou seriamente. Unicamente o fixo apoiando este proxecto, sempre sen xeneralizalo, o cal sería o ideal.
A atención educativa aos nenos/as de cero a tres anos é irrenunciable nunha sociedade moderna; pero atender á infancia a través do apoio á reflexión-formación dos pais/nais sobre o feito educativo dos seus fillos supuxo un avance de tal magnitude que, onde o programa estivo ou está a funcionar, pálpase unha diferenza en positivo que coñece moi ben o profesorado que recibe estes nenos e nenas.

O integrantes desta Mesa denunciamos a máis que certa desaparición dun programa que leva traballando a prol da infancia, da familia e da sociedade galega, a partir da idea inicial de AntonioGandoy, desde o ano 1977 e que ten ao medio rural como núcleo prioritario das súas actuacións.

Ao longo da súa longa traxectoria -caracterizada pola innovación e anticipación a leis educativas e recomendacións europeas- máis de 90.000 nais e pais acompañados dos seus e fillos e fillas aprenderon a mellorar a súa competencia parental; reflexionaron sobre educación e fixérono acompañados do labor inestimable de máis de 200 profesionais da educación, quen souberon achegarse a eles -percorrendo unha media de 80.000 quilómetros anuais- para ofrecerlles un tempo de crianza compartido, ao tempo que lles axudaba no seu rol de pai e nais.

Denunciamos a desaparición deste modelo de intervención educativa pioneiro, orixinal, preventivo, vertebrador do territorio e referente en canto á implicación das familias na educación dos seus fillos e fillas. Un modelo en galego feito para a realidade socio-educativa galega, que está a ser referente, en canto ao traballo coas familias, noutras comunidades do Estado e países.

Denunciamos que, xusto agora, a cinco anos de que o Comité de Ministros do Consello de Europa acordase unha recomendación aos estados membros para que ...tomen tódalas medidas lexislativas, administrativas, financeiras e doutro carácter... para promover o exercicio positivo da parentalidade, a Administración Autonómica Galega recorte as subvencións que viña dando para que este servizo esencial funcionase e déixao en risco evidente de desaparición.

Denunciamos que algo que está sendo pioneiro e referente se deixe morrer no canto de xeneralizarse e universalizarse.

Desde esta Mesa SOLICITAMOS con carácter de urxencia unha solución que faga viable os servizos que desenvolve Preescolar na Casa, polo ben das familias e dos seus fillos e fillas, polo ben do equilibrio territorial; en definitiva, polo ben da sociedade galega.

En Santiago a 8 de novembro de 2011

Os drásticos recortes da Xunta de Galicia condenan á desaparición a Preescolar na Casa. Pedimos a túa colaboración para evitar este feito. Co rogo da súa máxima difusión enviámosvos o comunicado da Mesa Galega de Educación no Rural e a ligazón da petición publica de sinaturas na rede: