En reunión celebrada o 22 de xulio de 2.013, a ANPA do CEIP A Torre Illa acordou:
- Mostrar o noso apoio, as demandas e preocupacións, que nos trasladou o ANPA do IES da Illa de Arousa, polo recorte de mestres que van sufrir no centro para o vindeiro curso.
- A ANPA despois de dous anos de conversas coa Xefatura territorial de Educación en Pontevedra para a ampliación do Centro de Infantil no CEIP a Torre Illa, e haberse comprometido Don César Pérez Ares, Xefe territorial de Educación en Pontevedra, en dotar ó centro dunha aula de infantil de 50 m2 tal e como obriga a normativa vixente, e tras poder comprobar que as obras que se están a facer por dita administración, non cumpren coa normativa nin co comprometido polo representante de educación.Os membros da ANPA, queremos manifestar o noso profundo descontento, ao sentirnos enganados e non dar crédito que a administración de educación acometa unha obra fora da lei.
En
a Illa de Arousa a 22
de xullo
de 2.013
A Directiva da ANPA do
CEIP A Torre Illa.
Mais
información en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario