luns, 10 de decembro de 2012

XORNADA ESTATAL DE LOITA


Dende a aprobación do “Anteproyecto de ley orgánica para la mejora de la calidad educativa” LOMCE, foron moitas as reaccións a un cambio de calado no noso SISTEMA EDUCATIVO, que dende o Ministerio de Educación se pretende levar a cabo; sen contaren co consenso dos distintos sectores que conforman a Comunidade Educativa, non só na reforma, si non tamén no análise da situación do sistema actual educativo, ante as manifestacións do Ministro de Educación Wert, que di que esta reforma será aprobada con consenso ou sen consenso, queremos informarvos de que:

Dende a CEAPA Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos e dende a CONFAPA-Galicia Confederación Galega de APAs de Centros Públicos, as cales a nosa ANPA pertence; veñen informando do seu desacordo na pretendida reforma educativa, e nos convidan a que apoiemos as manifestacións que para este xoves, 13 de decembro de 2012, se van levar a cabo en todo o estado español, xunto con outras organizacións convocantes.

Para o Salnés a convocatoria, celebrarase este xoves en Vilagarcía de Arousa, na Praza de Galicia as 19:00 horas.

Máis información:
Atentamente a ANPA do CEIP Torre Illa

Ningún comentario:

Publicar un comentario