xoves, 29 de novembro de 2012

Campaña de recollida de sinaturas esixindo a retirada do anteproxecto de reforma da LOE, LOMCE.

Circular 102/12

ASUNTO: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS.

Prezados compañeiros e compañeiras:

Como integrantes da Confederación Española de APAs de Centros Públicos (CEAPA) e dacordo con ela, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas esixindo a retirada do anteproxecto de reforma da LOE, LOMCE.

Xuntamos plantilla para que fagades copias, rogando a vosa participación e colaboración nesta iniciativa.

A campaña remata o 15 de decembro e debedes mandar con anterioridade a esa data as follas de recollida á nosa sede de Orzán Nº 21 15003 de A Coruña. Precisamos os orixináis, e sen tachóns nin raspaduras, para posteriormente facer o envío á sede de CEAPA en Madrid.

Moitas grazas a todos e todas

Un saúdo cordial


Descargar FOLLA para RECOLLIDA DE SINATURAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario