 

- PRESENTACIÓN DA ACTUAL XUNTA DIRECTIVA. 
- INFORME ACTUALIDADE DO CENTRO. 
- REUNIÓN CO CLAUSTRO DE PROFESORES. - Propostas da ANPA 
 
- Valoración das novidades deste ano: - Dia de portas abertas. Moi positiva 
- Axenda: Pendente de entregar e con gran interese por parte dos pais. 
 
- Festas do Colexio: Solicitamos máis participación dos pais, “magosto, samaín, Nadal, entroido e fin de curso”. Propostas a facer. 
- Procurar incluír nas actividades complementarias os Colectivos Municipais e do entorno (sector mariñeiro, asociacións, ...) 
- Como apoio as materias transversais (ecoloxismo, cultura do mar, civismo, fomento de grupos de traballo, asociacionismo, cooperativismo). 
- Proposta de un chándal para os alumnos. 
- INFORMACIÓN DO CLAUSTRO: - As axendas chegarán (perdeunas a empresa de transporte), o centro pretende facer cambios nas axendas para que se lle axusten mellor as necesidades. 
- Isabel, profesora de educación infantil, manifesta que non ten nada que ver co cambio dos nenos de aulas en educación infantil; reiterando que ela non se negou rotundamente a abandonar a súa clase. Os motivos foron pedagóxicos e non persoais. 
- Estanse a facer cambios na ludoteca, pois non se adapta o mobiliario as necesidades da aula, están solicitados e pendentes de entrega, pedíndonos un pouco de paciencia. 
- Solicitan que aqueles pais que cambiaron de teléfono o fagan saber no centro 
- Transporte Escolar. Infórmanos de que as coidadoras do autobús, pasaron de depender da Xunta a unha empresa privada; polo que en cumprimento da normativa vixente, na parada dos buses os nenos teñen que ter alguén a recoller, do contrario non poden deixalos baixar 
- Informar a os nenos maiores que non abandonen o recinto, polo que non lles fagamos aos rapaces recados que faga que isto ocorra. 
- Renovación da entrada co Colexio. 
- Reformas na instalacións de Educación Infantil: O Cepes xa está aquí, a pintura xa está en vías de conseguila e pretendese facer unha tapa para o areeiro a fin de evitar que os gatos fagan alí as súas necesidades. 
 
- OBXECTIVOS ACADADOS E PARTICIPACIÓN DOS PAIS NA EDUCACIÓN. 
- Festas do Colexio: Solicitamos máis participación dos pais, “magosto, samaín, Nadal, entroido e fin de curso”. Propostas a facer. 
- Procurar incluír nas actividades complementarias os Colectivos Municipais e do entorno (sector mariñeiro, asociacións, ...). 
- Plataforma pola Gratuidade dos libros de texto. 
- COTA DA ANPA E SEGURO ESCOLAR. 
- Quedase a espera do contrato coa Aseguradora i estimase en unha suba de 2 a 3 € na cota da ANPA 
- ROGOS E PREGUNTAS. 
- A quen hai que avisar e si se pode, si un neno por circunstancias familiares ten que empregar o transporte de outro autobús?. 
- Segue a estar roto un cristal na escaleira de incendios do colexio. 
Un saudo, ANPA
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario