luns, 20 de maio de 2013

A ILLA-Malestar no colexio polo rexeitamento de Educación ao seu proxecto de ampliación - O Salnés - Diario de Arousa - Las noticias de Vilagarcía, O Salnés, O Barbanza y Ulla-Umia.

A ILLA-Malestar no colexio polo rexeitamento de Educación ao seu proxecto de ampliación - O Salnés - Diario de Arousa - Las noticias de Vilagarcía, O Salnés, O Barbanza y Ulla-Umia.:


O Consello Escolar do CEIP Torre-Illa mostrou onte o seu rexeitamento aos plans da Consellería de Educación para ampliar o centro cunha nova aula e baño para Infantil porque son “insuficientes” para as súas necesidades de espazo, que xa veñen de lonxe e que auguran van empeorar porque a poboación da Illa non deixa de crecer. Onte compareceron representantes das partes que o conforman: pais, profesores, dirección e Concello para mostrar o seu malestar pola falta de atención ao proxecto presentado pola comunidade escolar en novembro, así como pola “ausencia” de consenso que, afirman, rodeou ao proceso.
os representantes do consello escolar mostraron a proposta que lle fixeron a educación g. salgadoExplicaron que o seu proxecto, elaborado polos técnicos municipais, plantexaba a súa histórica demanda de unir o edificio principal co chamado pavillón de quinto –coa que se lograrían dúas novas aulas– e permitiría a circulación cómoda e universal polo centro, porque todo o alumnado podería usar o ascensor –sobre todo pensando en rapaces que poidan ter problemas de movilidade–, e acudir ás aulas de música e inglés, por exemplo, sen ter que saír a rúa, sobre todo respecto aos días de chuvia. Tamén incluía a construción de tres novas clases e outro espazo polivalente, novos e adicados ás clases diarias de Infantil e as necesidades de alumnos con necesidades específicas, que, aseguran, precisan un aparte. De feito, aseguraron que xa hai nenos matriculados en estas circunstancias e actualmente teñen que empregar a ludoteca do Concello, que está no principal.
Non obstante, o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, indicou na súa visita ao propio centro, o pasado mes de maio, que trátase de traballos “inasumibles” e que coa súa proposta “estarán cubertas as necesidades máis urxentes”. Estas obras comezarían no verán cun orzamento de entre 60.000 e 70.000 euros.
Pero o Consello Escolar non está de acordo en absoluto, para empezar porque cre que o proxecto “era para outro centro e a aula resultante vai ser máis pequena, non vai cumprir as medidas marcadas pola lei. Ademais de que para facela, comerá parte do patio dos pequenos que xa é pequeno”. E tampouco comparten a proposta dada pola Xunta de que reorganicen espazos.
Explicaron que para o ano próximo precisan de 15 unidades e non hai espazo físico nin para cambiar usos como o da biblioteca, onde hai 6.000 volúmenes; a aula de música, porque “o profesor non pode ir dun lado para outro co piano”; ou as de informática e inglés, donde hai 20 ordenadores e material didáctico para a segunda lingua que non pode trasladarse para cada clase, segundo as mesmas fontes. Neste senso tamén apelaron a que o colexio debe formar aos rapaces con todas as posibilidades e trátase de ofrecer as ferramentas e lugares precisos.
Do mesmo xeito, recordaron que incluso o Concello estaba disposto a participar nas obras plantexadas por “consenso” do Consello escolar, que suporía unha diferenza duns 120.000 euros con respecto ao da Xunta, aproximadamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario