venres, 10 de decembro de 2010

Concurso de Nadal 2010 | Secretaría Xeral de Política Lingüística

Concurso de Nadal 2010 | Secretaría Xeral de Política Lingüística: "Anímate a construír unha presentación de Nadal electrónica para felicitar estas festas. Coas presentacións máis xeitosas elaboraremos unha galería para que este Nadal rule en galego na rede.

Envíanos a túa proposta antes do 20 de decembro e poderás gañar un lote de produtos de lecer.

BASES

1. A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións de Nadal en formato dixital para promover o uso da lingua galega na comunicación propia destas festas e no ámbito das novas tecnoloxías.

2. As presentacións (en formato .ppt, .pptx ou .odp) deben incorporar texto e este ha ser redactado en lingua galega. Evitarase incorporar audio, a non ser que este sexa de autoría propia.

A extensión máxima da presentación é de dez diapositivas.

3. O tema das presentacións debe estar vinculado ao Nadal (para felicitar o Aninovo, Día de Reis, Festa de Nadal en xeral etc.).

4. As presentacións deben ser orixinais e non poden estar publicadas previamente nin premiadas noutros certames.

5. Os traballos seleccionados formarán parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega)

6. O envío das presentacións farase por correo electrónico ao seguinte enderezo: secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es

Formato da mensaxe:

Asunto: concurso Nadal 2010
A mensaxe non debe vir asinada, senón que debe anexar, xunto coa presentación, un documento de texto no que conste o nome e apelidos do autor/a e, opcionalmente, un teléfono de contacto.

A conta de correo remitente será o contacto co autor ou autora.
A data límite de envío de presentacións é o 20 de decembro de 2010.

7. O xurado estará formado por persoal técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que escollerá as tres mellores presentacións que obterán premio, así como a selección de traballos que formarán parte da galería exposta na web de Política Lingüística.

O xurado dará a coñecer a súa decisión antes do día de Nadal.

8. Outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego (libros, cómics e cds e dvds) para cada un dos gañadores ou gañadoras. Non se entregará máis dun premio por participante.

9. As fotografías, imaxes, mensaxes e, en xeral, calquera contido empregado, así como calquera reclamación en relación cos mesmos, son responsabilidade exclusiva dos autores das presentacións.

10. A participación neste concurso implica a autorización automática á Secretaría Xeral de Política Lingüística para publicar a presentación. Así mesmo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística reserva para si o dereito de corrixir os erros lingüísticos que poidan aparecer no texto, co fin de evitar a difusión de presentacións incorrectas.

11. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases e do ditame do xurado.

- Enviado mediante la barra Google"

Ningún comentario:

Publicar un comentario